Morte por necesidade

O PROBLEMA está en gobernar para os mercados, os bancos e as multinacionais e non facelo para as persoas. Porque por moito que quen xestione se esforce en expandir a idea de que só existe unha solución, outro xeito ten que ser posible, teno que haber para evitar que a xente morra de fame ou corra o risco de facelo intoxicada por recoller comida en mal estado dos contedores do lixo para intentar subsistir. Terrible. É terrible que alguén teña que recorrer aos desperdicios para poder manterse, e en España non só se chegou a esa situación, senón que xa é lexión a que se dedica a recoller o que outros tiran. Mal reparto ese. Pois como deixou escrito hai pouco Moisés Naím sobre o declive do poder tradicional, as democracias non poden estar baseadas en ONG, senón en partidos. Algo haberá que cambiar entón se o país se ten que sustentar no Banco de Alimentos ou en Cáritas.

Comentarios