Monopoli

Neste trance, político e postelectoral, os discursos móvense case como nun taboleiro de xogo de mesa, na que cada xesto, e cada movemento ten maís consecuencias das que aparentemente se poden preveer.

Os grupos políticos vense de súpeto atrapados nun xogo, no que as reglas son moi distintas das que viñan manexando, nas que o comodín máis valioso será a coherencia na defensa da modernidade.

A era Fraga rematou no momento en que non se sentía como unha garantía da modernidade que reclamaban os tempos, e apostouse por outro novo modelo de gobernanza, que na opinión recentemente manifestada polo electorado tampouco soubo enxergar o discurso que demandaba a sociedade civil.

Así o desenvolvemento do Plan Urban no concello de Lugo, que foi presentado para que hosteleiros e comerciantes, afronten reformas nos establecementos da zona Pepri, pode ser un test do estado da cuestión. Estas son axudas compatibles con calquer outra das demáis administracións, Deputación, Xunta de Galicia. Agardaremos a ver si o novo Consello da Xunta toma decisións de altura, complementando as necesidades, neste caso, do sector turístico, ou as ignoran, en clave partidaria.

Outros exemplos poden ser axudar no mantenemento da rede de parques de bombeiros recén creada na provincia, ou tamén esperemos a ver como se integran no Sergas os hospitais de Lugo que foron provinciais, si conta o interés xeral, ou se arrebolan a cabeza os expedientes das transferencias, poñendo en risco a saúde, a vida, e o peto dos cidadáns.

Andar a xogar con estas conquistas sociais, como xa se viu, ten máis perigro electoral que Mario Conde xogando ao Monopoli.

A xente xa non ten pacencia para ver derramar enerxías en ir de romería cos santos políticos da nosa advocación en procesión, e pide claramente que todos os recursos institucionais confluian para acadar a modernidade na xestión, e que non remate de novo como o rosario da aurora.

Si hai que recoñecer que na era Fraga, que lle deu un empurre na modernización da administración galega, dentro dun discurso que esixia daquela encher de contido o Estatuto de Galicia, tamén pode representar un error non recoñecer que o goberno saínte tivo acertos en políticas de emprego, medioambientais, ou de infraestructuras, que non se debe de arrombar no esquecemento.

Para artellar unha nova modernidade non podemos despilfarrar o patrimonio institucional común, gastado en romerías parlamentarias, ou en foguetes demagóxicos nos plenos.

Comentarios