Mónica Rodríguez Vázquez: ''Haremos una fiesta para recordar a los guímaros''

Mónica Rodríguez Vázquez, restauradora

Dedícase á restauración de mobles antigos. Pon en valor unha parte do pasado e por iso dende hai anos planifica a celebración dunha feira medieval no seu municipio natal, A Pobra do Brollón.

A Celebración de feiras medievais ou de artesanía está en auxe en toda Galicia. Poucos municipios se resisten a realizar unha convocatoria deste tipo porque a presenza de xente está case garantida. Loxicamente, unhas teñen máis tirón que outras, e poucas delas unha referencia a un feito do pasado relevante no ámbito local. Nese campo, o próximo día 12 de xullo desenvolverase a primeira feira medieval guímara na Pobra do Brollón, para enxalzar o enfrontamento que na Idade Media tiveron os veciños do municipio, coñecidos entón como guímaros, co conde de Lemos á hora de pagar os impostos. Mónica Rodríguez Vázquez (Piñeirós, A Pobra do Brollón, 1975) é a persoa que dende hai varios anos manexa a idea de conmemorar a rebelión dos guímaros.

Como xurdiu a idea de formular a feira?

Hai varios anos que teño a idea na cabeza. En varias ocasións formuleina, pero ata este ano non conseguín o respaldo necesario. Conversei co Concello e agora hai posibilidades económicas para desenvolver o proxecto, tamén con axuda da Deputación. Trátase de facer unha auténtica feira medieval na que se enxalce a revolta que houbo na Idade Media dos veciños contra os inxustos e desmesurados impostos que poñían os condes de Lemos a todos os habitantes da súa zona de influencia. Os da Pobra do Brollón, os chamados guímaros, foron os únicos que se negaron a pagalos. Foi todo un acto de valentía, de xente ruda. Neste sentido, hai que romper co mito de que os guímaros, os nosos antepasados, eran xente non moi recomendable cando, repito, foron os únicos que se ergueron contra os abusos dos condes.

Hai entón un dobre obxectivo coa celebración?

O feito histórico é o eixe da celebración e, dalgún xeito, perséguese que

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios