"Protagonizo un libro líder en Amazon

Mónica Ceide: "A miña materia pendente é poder casar coa persoa que amo"

Acadou moitos seguidores coa súa páxina de Facebook con consellos para vivir 'Low Cost'
Mónica Ceide participó en el reality 'Casados a primera vista'
photo_camera Mónica Ceide participó en el reality 'Casados a primera vista'

1. Que é o que máis lle gusta e lle desgusta do seu traballo?

O que máis me gusta é o contacto coa xente, e non hai nada que me disguste.

2. Se volvese a empezar, dedicaríase a...

Ao mesmo que fago agora, encántame o meu traballo.

3. O soño que máis se repite é...

Eu persigo sempre todos os meus soños, por iso non se repite ningún.

4. Estraña algo do que foi deixando atrás?

Non.

5. A quen admira?

Á raíña Letizia.

6. Hai algo do que se arrepinta que se poida contar?

Non me arrepinto de nada, eu fago sempre en todo momento o que me apetece.

7. Votou nas últimas eleccións?

Si, obviamente.

8. Atrévese a dicir a quen?

Si, ao PP.


Eu perdoo todos os pecados capitais, cada un é moi libre de facer o que queira


9. Que cita subscribiría?

"Non hai crises senón un cambio de era", de Albert Einstein.

10. Que coche ten?

O meu coche é un Fiat 500 blanco, eu queríao rosa pero estaban esgotados...

11. Cal foi o capricho máis caro que mercou?

Un coche, o BMW Z3.

12. Cal é o seu ben material máis prezado?

Eu non me considero nada materialista.

13. Unha toleada que fixera por amor...

Recoller ao meu fillo no colexio, deixalo cos meus pais, saír ás oito da tarde para Madrid para ver á miña parella que estaba triste e voltar de novo ás oito da mañá para levantar ao meu fillo e levalo ao colexio.

14. Hai algo que non lle perdoaría a súa parella?

Eu perdoo facilmente.

15. Teñen algún pacto?

Non.

16. Envéxalle algo ao outro sexo?

Non.

17. Que libro ten enriba da mesiña de noite?

Non teño libros enriba da miña mesiña de noite.

18. Non sae da casa sen...

Nunca saio da casa sen móbil nin sen chaves da casa [ri].

19. Que pecados capitais desculpa?

Eu perdoo todos os pecados capitais, cada un é moi libre de facer o que queira.

20. Algo que nunca falte na súa neveira...

Na miña neveira sempre ten que haber froitas e verduras.

21. Pérdea un bo...

Unha viaxe acompañada das persoas que quero.

22. Unha prenda que deteste...

As medias enteiras.

23. As súas mellores vacacións foron...

As miñas mellores vacacións foron unha viaxe que fixen co meu fillo a Exipto.

24. A súa viaxe soñada sería a...

A miña viaxe soñada xa a fixen, foi esa viaxe da que acabo de falar co meu fillo a Exipto.

25. A paisaxe que máis a impresionou.

A praia das Catedrais coa marea alta. De feito, foi onde gravei o video promocional do perfume que leva o meu nome.

26. E a súa materia pendente

A miña materia pendente é casar coa persona que amo.

Comentarios