Mónica Carballo: ''O libro electrónico pode ser un gran aliado para a biblioteca''

Mónica Carballo, na biblioteca.
photo_camera Mónica Carballo, na biblioteca.

Mónica Carballo leva doce anos á fronte da biblioteca pública do Saviñao e este é o quinto que o centro resulta galardoado nos premios María Moliner pola súa programación anual. Só 300 centros españois foron distinguidos e na provincia de Lugo o recoñecemento quedou na biblioteca saviñádiga e na de Xermade.

levar unha bilioteca no interior de Galicia non é tarefa fácil pero semella que Escairón e Mónica Carballo poden con todo.

Que significa o María Moliner?

En canto a dotación supón novos fondos bibliográficos pero tamén é un recoñecemento que o Ministerio de Cultura e a Fegamp fan á nosa programación anual.

Como está de recursos o centro?

Temos 12.000 rexistros de obras e os fondos que aporta o María Moliner son moi valiosos porque son libros publicados nos últimos dous anos. Cando non hai este recurso adquirimos novo material coas axudas do Concello, da Xunta...

A biblioteca do Saviñao é unha das máis activas da Ribeira Sacra. Vai máis alá da función de préstamo.

Na actualidade calquera biblioteca ten unha función máis ampla ca fai uns anos. Seguimos sendo un centro de préstamo e de asesoramento ao lector pero hoxe é un imperativo programar actividades e interactuar.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios