Mondoñedo reivindicou o idioma galego no premio poético Díaz Jácome

Os tres galardoados, sentados, durante o acto de entrega dos premios. ANTONIO LÓPEZ
photo_camera Os tres galardoados, sentados, durante o acto de entrega dos premios. ANTONIO LÓPEZ

A edición número quince do premio de poesía Díaz Jácome ratificou onte a Mondoñedo coma «nación literaria», segundo a consideración do crítico e membro do xurado Armando Requeixo, ou máis ben república, coma prefire vela o seu alcalde, o nacionalista Orlando González. Na entrega de galardóns -concedidos a Aleixandre Lago, Iris Carro e Alba Sánchez-, o escritor e expresidente da Real Academia Galega (RAG) Xosé Ramón Barreiro e o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Veiga, aproveitaron para defender o idioma nestes tempos no que o seu uso por parte da xente nova descende.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios