miércoles. 11.12.2019 |
El tiempo
miércoles. 11.12.2019
El tiempo

La moda zombi también llega a los premios Mestre Mateo

O número de ‘Os miserables’ foi un dos momentos máis espectaculares da gala. (Foto: Cabalar / Efe)
O número de ‘Os miserables’ foi un dos momentos máis espectaculares da gala. (Foto: Cabalar / Efe)

Quizais os zombis sexan as criaturas que mellor lle cadran a tempos tan trapalleiros coma os correntes e, tal vez por iso, a ambientación ‘Apocalipsis Z’ -por que vai ser mellor a americana ‘The walking death’ que a triloxía do pontevedrés Manel Loureiro?- foi do máis acaído para a undécima edición dos premios Mestre Mateo da Academia do audiovisual galego. Foi ‘O Apóstolo’, unha historia tan escura como máxica, a gran triunfadora da noite. Malia que, para medo de verdade, moito máis o telexornal noso de cada día cá Santa Compaña.

Logo de ter rebasado as dez edicións, a gala dos Mestre Mateo vai collendo tono televisivo, aínda que fican algunhas preguntas no aire: Por que, en tempos de tuiteadores que cantan minuto e resultado, a media hora de retardo sobre o acontecer dos feitos no Palacio de la Ópera da Coruña?

Consiga AQUÍ la información completa

La moda zombi también llega a los premios Mestre Mateo
Comentarios