Lunes. 19.11.2018 |
El tiempo
Lunes. 19.11.2018
El tiempo

Miri e Mero pasarán a ser membros do Hectómetro literario de Vilalba

Portada do libro 'Mini e Mero: labrando para sementar'
Portada do libro 'Mini e Mero: labrando para sementar'
Os dous artistas recibirán dende a mañá unha homenaxe na que se presentará un libro sobre a súa vida

O Hectómetro literario de Vilalba continúa aumentando. Mini e Mero serán este sábado os protagonistas coa presentación do libro Mini e Mero: labrando para sementar e a homenaxe que se lles vai render no Paseo dos soños vilalbés, onde desde agora terán o número XII no Hectómetro.

O Muíño do Rañego será o lugar no que comecen os actos ás doce da mañá. Dende alí, percorrerán o Paseo dos Soños ata o lugar onde se descubrirá o monolito -obra de Xosé Val Díaz, Valdi-. "Deixa constancia da homenaxe a Mini e Mero pola súa traxectoria musical e vital, ao cumprirse o medio século do comezo da súa dedicación á música e ao País", aseguran os organizadores. Durante os actos, faranse paradas en cada un dos Hectómetros xa colocados.

Xulio Xiz é o autor do libro Mini e Mero: labrando para sementar e recolle a súa vida. "Comezaron o seu andar musical hai cincuenta anos, de mans do crego e musicólogo Xesús Mato, que será precisamente quen inicie o acto da homenaxe", sinala a organización nun comunidado. Durante os actos, incidirase na súa traxectoria, coa creación e potenciación de Fuxan os Ventos e despois no grupo A Quenlla, "sempre en defensa do galego, da música e do país".

Ademais de Mato, no libro tamén ten un papel importante Alfredo Garrido, exdirectivo da multinacional que editou os discos de Fuxan os Ventos e agora fai o mesmo cos discos de A Quenlla. Na homenaxe participan un total de 51 amigos que aportan o seu punto de vista sobre os dous artistas, un nacido en Baamonde -Mini- e outro en Vilalba -Mero-, ambos os dous en 1951. Entre os recoñecementos que levan recibido ata agora destacan o Pedrón de Ouro, Galegos da solidariedade, Galicia Mártir, Mestres da Memoria, Promoción da Terra ou Facer País.

O libro, de 192 páxinas, editado a toda cor, está publicado por Xermolos e a Irmandade Manuel María da Terra Chá, entidades impulsoras do Paseo dos soños en Vilalba.

Miri e Mero pasarán a ser membros do Hectómetro literario de Vilalba
Comentarios