jueves. 04.06.2020 |
El tiempo
jueves. 04.06.2020
El tiempo

''A mí me daba mucho apuro irle a cobrar a la gente''

Pagando no mercado // ILUSTRACIÓN: ViniciusPagando no mercado

NO NUEVO Mundo foi onde Simeón comezou a vender roupa xa feita. Había moitos cucos, por exemplo, había moita xente de moito postín que quedaba debendo. Tiñamos un rapaz que ía polas casas a cobrar e non o conseguía. Un día o xefe cansouse e di: «Que vaia unha de máis presenza que presione máis». E eu dixen: «Vou eu». Fun e conseguín que me pagaran. Non rifei con ninguén. Díxenlles: «Home, unha familia de tanto prestixio e que estean debendo... Sen non o poden comprar, non o compren, pero por Deus, paguen o que deben». Eses pagaron, pero outros moitos de Lugo non o fixeron. Como era xente importante había que lles fiar, aos pobres non lle fiaba nin Deus. Había un que non sei que cargo tiña no Exército que vivía en San Marcos e se facía os traxes co xastre de Simeón. O caso era que non os pagaba. Había que ir detrás del e era unha cousa moi preocupante. A min dábame moito apuro irlle cobrar á xente.

Remedios López Villar / Silvela / Friol

Un alto directivo de banca pediume unha invitación para visitar a Feira Exposición de Lugo, da que eu era comisario. Botei man á carteira e ofrecinlle un billete de 5 pesetas, que era o importe do boleto de entrada e non aceptou, claro está, pero serviulle de lección. Como ía eu a pedirlle a Ameijide, o presidente da comisión da Feira, tan cativo favor para logo verme obrigado a compensarllo?

Jacinto Regueira Alonso / Lugo

No 1964, en Zaragoza, dirixín Agropecuaria Industrial del Valle del Ebro. Outra vez máis con José Luis Blanco, tendo como socio capitalista a Xosé Rodríguez López, Pepito de Arxeriz, creador das pioneiras industrias lácteas Granxa Arxeriz e Larsa, sobriño de Xan de Forcados, unha empresa gandeira aproveitando as vantaxes do millo híbrido de talo azucrado creado polo propio José Luis. Dabámoslles gratis a semente aos paisanos garantíndolles a compra e fixemos alí unha instalación importante e chegamos a ter 600 vacas leiteiras, pero á hora de recoller o millo atascábanse algúns tractores da recollida, o que complicaba a cousa e as contas non nos saían ben. Xosé Rodríguez investiu vinte millóns de pesetas, pero, como os resultados non eran o brillantes que se esperaba, tivemos un enfrontamento con el e abandonamos esta experiencia, renunciando a un millón de pesetas que se nos adebedaba.

Avelino Pousa Antelo / Lugo

La ilusión de los lucenses se centra en los juegos de azar, ya que la realidad cotidiana es en muchos casos una mera cuestión de supervivencia, tónica apenas interrumpida por las celebraciones del patrono. Para contribuir al esfuerzo de guerra se decide el establecimiento de la llamada lotería patriótica, estableciéndose un sorteo a celebrar en A Coruña el día 21 de octubre y organizado por la Diputación Provincial de esta ciudad. Un sorteo en el que se repartirán 294.400 pesetas, en décimos de 30 y con diez participaciones de 3. El primer premio es de 100.000 y el segundo de 50.000. Muchos serían los que participarían en el sorteo con la ilusión puesta en contar con suficiente capital para embarcar en los lujosos buques que con destino a América parten de A Coruña y Vigo.

Juan Cancela / Lugo

Los trajes me los cose una persona de confianza, inspirándose en los diseños que saco de libros, y encargo el calzado original a algunas amistades que tengo en Madrid. Los peregrinos se retratan conmigo. Les pido una pequeña cantidad por posar. A cambio, les doy un sobre con tres fotos: una mía con una rana y un sapo, y dos estampas de Mondoñedo. Se llevan más de lo que dan. No tengo nada en el banco, mi capital es el museo y unos terrenos con madera que heredé.

Manuel Montero, o mago Merlín / Mondoñedo

Se contaba por chicas, por patacones, por reales, por pesos... Un par de zapatos costaba tres pesos, un traje costaba diez, un cerdo de ocho arrobas no pasaba de «mil reás»... Una casa de un piso, de la calle Aguirre, el año diecisiete, fue vendida en tres mil pesos. Pero la casa de la farmacia de Castro de Ves ya fue vendida aquel mismo año, al señor Figueroa, en veinte mil pesos. Los tiempos iban cambiando... Cada pastel ya costaba diez céntimos, un patacón; pero el precio de un ejemplar de periódico seguía siendo el de una chica, cinco céntimos. Don Julio Iglesias Fariña, boticario de conde Pallares, al año quince había mercado un auto Ford descapotable, en veinte mil reales, mil pesos. La chiquita de vino costaba una chica en una tasca cualquiera. Los sombreros de quince pesetas eran fenomenales.

Ánxel Fole / Lugo

El cobre y el hierro fundido lo compraban las chatarrerías por la falta de materias primas. También nos prestábamos a descargar algunas mercancías en la calle, aunque no éramos muy trabajadores que se diga, porque lo tomábamos todo a chirigota, pero ganábamos unas pesetillas y las juntábamos para el San Froilán.

José Guerrero / Lugo

Meu pai era fillo do carpinteiro da aldea de San Xurxo de Regoaveso, e seu pai morreu moi novo. A pobre avoa quedou con dez fillos e sen home. Caeu nas mans dos usureiros... Eu vin a primeira sucursal de banco que se abriu en Vilalba: era dos usureiros. Había un que se chamaba Vicente de Soto. Tiña postas unhas letras enormes. Ese sabía firmar pactos de retro, de retroventa, que eran máis que unha hipoteca, porque automaticamente se quedaban con todo. A miña pobre avoa estivo a punto de perder o lugar da Regueira, en San Xurxo de Regoaveso. Pero tres fillos foron a Cuba, meu pai era o máis vello. Volveron e redimiron o pacto de retro e salvaron á avoa.

Manuel Fraga Iribarne / Vilalba

Ao primeiro os prezos do percebe eran mellor que os de agora. Daquela, nos setenta, vendías a dúas mil pesetas, e agora, a doce euros, a oito e a 18 que son as tres mil pesetas de antes. Ían mellor daquelas. En novembro chegaron a oito euros e estar expoñéndose aí por oito euros. Xa me dirán...

Esperanza Fernández Postigo / Ribadeo

Fun labrego, zoqueiro, carpinteiro e ferreiro. A agricultura a penas daba para comer e cos outros traballos, se gañabas un duro xa era algo para aforrar. Nos anos vinte cobraba as gadañas a dúas pesetas, os fouciños a peseta, e os sachos a dous pesos. En canto ás zocas, viña por elas un tratante e levaba 50 ou un cento, a seis reás o par. Hoxe moitos vellos sosteñen aos novos, pois hai casas con catro ou cinco pensionistas, pero os labradores non fan outra cousa que coller herba e as mulleres non saben cocer o pan.

Ángel Gómez Calvo, 102 anos / Reboiras / Os Vilares / Guitiriz

(José Gómez Posada-Curros) recuerda, por ejemplo, que en una ocasión pidieron al entonces obispo de la diócesis, Rafael Balanzá y Navarro, un premio que añadir a los que dotaban unos juegos florales eucarísticos, muy al gusto de la época. El alcalde Portela había dado ejemplo, con mil pesetas, de las de entonces, que debía de ser muchísimo. Tras hacerse el remolón, el valenciano prelado envió... su bendición.

Fernando Ramos / Lugo

Recuerdo haber ido una tarde acompañado de Juan Carlos, un compañero de instituto también de los que podemos decir joven de rara sensibilidad. Los dos formamos un enorme ramo de rosas que llevamos a su madrina. Nos recibió en casa vestida con un kimono más propio de madame que de señora bien y tras agradecerme el ramo con un billete de cinco pesetas, me pringó las mejillas con rouge prometiendo más billetes a cada nuevo ramo. Pero aunque repetí la visita dos veces, en ambas se hizo la tonta y no abrió el monedero con lo que se terminaron las visitas.

Carlos Varela Prieto / Lugo

Antoloxía da Memoria de Lugo:El Progreso: luns, mércores e sábados.TeleLugo: martes, ás 22.00 horas. Reemisión diaria. Dirección: José de Cora. Imaxe: Memé Díaz. Ilustracións: Vinicius. Fotografía: Arquivo EP.

''A mí me daba mucho apuro irle a cobrar a la gente''
Comentarios