Miguel Teixido: ''El turismo industrial puede conectar el lago a las Fragas do Eume''

Miguel Teixido, Euroeume / Foto: C. ARIASEuroeume leva anos apoiando a creación de proxectos para impulsar o rural e potenciar o turismo. Puxo as bases do viveiro e do centro de dinamización empresarial pontés e nun futuro formará parte dunha fundación que xestionará unha escola de reciclaxe nas Campeiras

consciente de que os recursos son cada vez menos, Miguel Teixido, xerente do grupo de desenvolvemento rural Euroeume, afincado nas Pontes e que engloba nove concellos da comarca do Eume, defende o «papel activo» dunha entidade que, a maiores de entregar axudas, debe apoiar e acompañar as pequenas empresas.

Como afronta Euroeume este exercicio e que orzamento ten?

Este período está sendo diferente, en parte polo contexto económico e porque se aplica un cadro financieiro distinto. Para 2009-2015 temos un orzamento de 2.300.000 euros. No período anterior tiñamos o dobre e unha tranquilidade temporal, porque antes funcionaba por períodos e agora por anualidades e pola lei de subvencións o que non estea executado nese ano desaparece. Antes era orientativo e, aínda que parece un problema menor, condiciona porque é máis difícil apoiar novos proxectos, que teñen que madurar a súa idea. Os tempos son máis curtos.

Que é Euroeume para As Pontes e para os outros concellos?

A nosa razón de ser é entidade colaboradora coa administración para a xestión do programa de desenvolvemento rural Leader, que está pensado para 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios