Xogador do Muimenta

Miguel Morán Gueimonde marcou o gol que lle deu a vitoria aos seus in extremis

SEGUNDA GALICIA NORTE
MUIMENTA_MIGUELMORAN
photo_camera MUIMENTA_MIGUELMORAN
O Muimenta reafírmase nesta boa xeira que está a ter con puntos nas últimas tres xornadas. Esta fin de semana logrou unha vitoria sobre un dos aspirantes ao ascenso, o Folgueiro. Foi pola mínima, na casa e cun gol de Miguel Morán a dous minutos do final nun balón parado. Moito xogo directo polo embarrado do campo, que impediu facer un gran partido. O equipo xa dispuxo antes de varias ocasións, pero tivo que esperar ao final para levarse os tres puntos.