Miguel Ángel Díaz: ''´La cocina tradicional hay que hacerla con mucho cariño''

Miguel Ángel Díaz, restaurante A Nova Ruta (Vilalba)
Miguel Ángel Díaz, xefe de cociña do restaurante vilalbés A Nova Ruta, leva entre os fogóns 17 anos. Agora, ademais de dar de xantar a decenas de comensais, imparte cursos de cociña para os veciños de varias parroquias chairegas das localidades de Cospeito e Vilalba.

bota entre 50 e 60 horas metido nos fogóns do restaurante A Nova Ruta da capital chairega, e pese a iso, aínda ten tempo para dedicarlle uns minutos á formación dos veciños das parroquias de Pino (Cospeito), San Cosme de Nete ou Oleiros (Vilalba), entre outras. O chairego Miguel Ángel Díaz, que leva 17 anos dedicado ao mundo da restauración, e que ocupa actualmente o posto de xefe de cociña do restaurante vilalbés, vive por e para a cociña. Os cursos nos que participa como mestre, organizados na súa maioría polas asociacións de veciños, permítenlle ademais transmitir entre a veciñanza «a cociña tradicional feita con moito cariño».

Cando se iniciou no mundo da cociña?

Comecei case por casualidade. Unha vez que rematei a EXB, con 15 anos, anoteime nun curso de cociña e xa lle collín o gusto. Ademais, meu pai, que fora cociñeiro durante un tempo na mariña mercante, animoume moito. Despois diso estude o FP de técnico en hostalaría, na especialidade de cociña, e posteriormente, o ciclo superior en restauración, todo isto en Foz.

Pensa que para ser un bo cociñeiro é preciso a formación?

A base é fundamental nesta profesión, polo que a formación, adquirir nocións e conceptos básicos é imprescindible. Aínda así, a cuestión vocacional tamén ten moito peso no desenvolvemento profesional dun cociñeiro.

Que valoración fai do seu traballo. Pensa que é moi sacrificado?

Para min non o é. Gústame moito entrar na cociña, é algo fermoso. Pero si que son consciente de que ás veces, sobre todo nas fins de semana, tes que deixar de pasar tempo coa familia e iso, se non che gusta o teu traballo, é un auténtico problema e sacrificio.

Cantas horas pode chegar a botar na cociña do restaurante?

Unha media de entre 50 e 60 horas, aproximadamente.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios