jueves. 02.04.2020 |
El tiempo
jueves. 02.04.2020
El tiempo

'Micrófonos de Ouro' para Bieito Rubido, Julia Otero e Xabi Fortes

Contaba onte El Correo que os xornalistas galegos Bieito Rubido (director do xornal ABC), Julia Otero (Onda Cero) e Xabier Fortes (La noche en 24 horas en TVE) son tres dos premiados este ano cos Micrófonos de Ouro, que se entregarán en Ponferrada o 26 de maio nun acto que apadriña Luis del Olmo.

O papagaio parlante de Boiro volve á casa e xa canta Ai se eu te pego
Yako, o papagaio que sabe entoar a Rianxeira e bailar e cantar a canción Ai se eu te pego, de Michel Teló, xa volve estar tan contento cos seus donos en Boiro. Roubárano o pasado domingo, pero o caso tivo tanta repercusión mediática que os ladróns seguramente se asustaron e preferiron devolvelo, segundo La Voz.

O galego Fran Vázquez volve estar na órbita da NBA e Orlando quéreo

Fran Vázquez, o baloncestista de Chantada de 28 anos que milita no FC Barcelona, podería probar agora sorte na NBA, que xa o quixera levar hai uns anos. A final de tempada remata contrato na cidade condal e hai equipos moi interesados en contratar os seus servizos, como é o caso dos Orlando Magic.

'Micrófonos de Ouro' para Bieito Rubido, Julia Otero e Xabi Fortes
Comentarios