Domingo. 17.12.2017 |
El tiempo
Domingo. 17.12.2017
El tiempo

A mestura dos robots cos humanos e a situación do CDG, esta semana no Táboa Redonda

María Valcárcel analiza a convivencia difícil entre persoas e robots nun futuro non moi afastado tomando como apoio a serie televisiva sueca ‘Humanos reales’. Ramón Rozas comenta o novo disco de Sés , ‘Opoñerse á extinción’, para eloxialo; algo que non fai Xurxo Chapela coa novela ‘A ira dos mansos’ de Manuel Esteban. Camilo Franco analiza a situación do Centro Dramático Galego, un asunto que comenta tamén Jaureguizar. Nacho Mojón desenvolve unha vivencia sobre o respecto necesario a acentos e linguas. Portorosa escribe sobre a commoción bonita da paternidade. Henrique Mariño lembra as salas de festas galegas, que marcaron a diversión dunha xeración e a xestación da seguinte.

A mestura dos robots cos humanos e a situación do CDG, esta semana...
Comentarios