A Mesa pola Normalización Lingüística das Pontes, ante o anuncio da reedición do libro ‘Historia de Puentes de García Rodríguez’ feito polo alcalde pontés Valentín González Formoso, reclama que esta publicación se faga en galego.
Dende a mesa lembran que Enrique Rivera Rouco, coñecido como cronista oficial das Pontes, sempre desexou que a súa obra estivese escrita en galego, e explican que se no seu momento non se fixo foi «polo medo do propio don Enrique e das persoas que transcribiron o libro a cometer erros nunha lingua na que, desgraciadamente, non foran alfabetizados».
Consiga AQUÍ la información completa |