Mero presenta un poemario no que lembra Lugo e o pai

Mero (centro), cos seus amigos. pepe álvez
photo_camera Mero (centro), cos seus amigos. pepe álvez

Un profesor de Dereito compostelán tiña sona de que corrixía trazando unha liña no chan e lanzando os centos de exames ao aire para que o azar decidise entre aprobados e suspensos. Mero, a metade de Mini e Mero, entregou a un azar máis controlado os 2.000 poemas que escribiu nos tres últimos anos. Imprimiunos, repartiuno o paquete en dous e confiou unha metade a Mini e outra a Alfonso Sanmartín para que cada quen escollese un cento.

O resultado desa escolma é ‘No papel que mudo escoita’, o poemario que presentou onte na galería Sargadelos de Lugo e que foi editado pola fundación Manuel María. Mero sinalou que o lugar para a presentación non era aletorio, «pois está na rúa do Progreso, que foi a onde chegamos dende Vilalba e onde botei a infancia». Ese Lugo de cando era neno e a figura do seu pai son os dous temas maiores do libro. O autor establece o rueiro que trazan os versos coas as rúas Nóreas ou San Pedro. Mesmo bromea destacando que «teño mesmo un poema dedicado ao carteiro que me traía as cartas da muller cando eramos mozos».

A cidade ten presenza importante no texto, aínda que logo recoñece que «sempre me tirou a natureza, polo que, cando podía, escapaba a Garabolos ou á Fervenza, que aínda eran campo». Tamén fuxía máis aló, ata Duarría ou mesmo a Vilalba.

Outro medio de fugarse era a música, que eu pai sempre fomentou, tanto porque era grande afeccionade «porque decía que axudaba a liberar as tensións». ‘No papel que mudo escoita’ tamén serviu a Mero para rebaixar a tensión porque a creación do libro avanzou paralelamente á enfermidade e pasamento do pai.

Comentarios