lunes. 29.11.2021 |
El tiempo
lunes. 29.11.2021
El tiempo

Mércores de nubes e sol, con algún chuvasco no norte

As temperaturas non experimentarán cambios significativos

As altas presións continuarán un día máis estacionarias ao noroeste de Galicia, polo que este mércores se espera unha xornada de ceo parcialmente anubrado no terzo norte, máis aberto no sur. Ademais, espéranse bancos de néboa no interior. 

Segundo información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará do nordés, moderado no litoral e zonas altas do interior e máis frouxos no resto. Pola súa banda, as temperaturas non experimentarán cambios significativos

Deste xeito, nas cidades galegas as temperaturas máximas subirán até os 20 graos en Vigo e os 19 en Pontevedra, mentres que en Lugo non se superarán os 14 graos no momento máis cálido da xornada. En canto aos valores mínimos, descenderán até o sete graos na capital lucense e Ourense. Na Boa Vila non baixarán dos nove graos e en A Coruña e Ferrol, dos dez.

Mércores de nubes e sol, con algún chuvasco no norte
Comentarios