Mércores de chuvias fortes en Galicia

As temperaturas descenderán, especialmente as máximas

A formación dunha borrasca no Cantábrico afectará a Galicia durante o mércores, deixando unha xornada de chuvias localmente fortes. Así, os ceos estarán cubertos pola mañá, con chuvias probables en calquera punto, máis intensas no terzo norte, especialmente na Mariña de Lugo e comarca de Ortegal.

A partir do mediodía as chuvias iranse retirando e xa non se agardan na metade oeste, mentres que no leste seguirán os chuvascos ata a noite. As temperaturas descenderán, especialmente as máximas. O vento soprará moderado de compoñente norte, con intervalos fortes arredor de Bares e no litoral de Lugo.

Clima

Comentarios