Menos galegos e falando menos galego

Perda de poboación e de uso do idioma propio. Esas son as dúas principais deprimentes conclusións de estudos saídos hai pouco en Galicia. Cada vez somos menos e falamos menos a nosa lingua. Quizais non faría falta pasarse o mínimo tempo analizando datos para chegar a esta dedución, porque parece obvia. E evidente tamén é que non medramos en número porque non se dan as condicións económicas precisas para que a xente siga nesta terra ou teña descendencia, igual que é incuestionable que as políticas aplicadas para favorecer a lingua ou son incorrectas ou están mal implementadas. A Xunta verá. Se o que pretende é que a porcentaxe de galegofalantes siga descarrilando por unha pendente sen fin, que persista co seu plan; pero se pola contra a intención fose a de revirar a situación, debería cambiar de estratexia. Nin medidas tintas nin culpar aos demais. Iso é o que hai.

Comentarios