Méndez Ferrín presenta la dimisión al frente de la RAG

O presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, anunciou onte nunha carta dirixida aos membros do plenario que renunciaba ao cargo que ocupaba dende hai tres anos. Despois de que unha cabeceira de Madrid tratase a plana completa e con datos ás acusasións de nepotismo que foran florecendo en artigos de prensa electrónica, Ferrín soamente repetía «non hai comentarios» cando se lle requería unha aclaración sobre o méritos, alén a consanguineidade, de varios empregados na institución.

A frase ampliouse onte nunha carta que zumega os sentimentos que o escritor ourensán coida ben matizar. Comeza «dando as grazas e un abrazo a todos os membros da executiva». Comparte con dous deles (o secretario, Xosé Luís Axeitos, e o tesoureiro, Manuel González) ser obxecto das recriminacións de nepotismo.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios