Na memoria de Manuel Dobarro Taboada

Hai dez anos a esta hora que escribo tomei a decisión máis difícil da miña vida. A persoa que quería, coidaba, protexía, entendía non soportaba unha maldita enfermidade e eu tiña que facer algo para que polo menos non tivese tanta dor. Autorizei unha sedación, pedinche un bico sen saber se me escoitabas, déchesme tres. Logo saín da habitación para soltar toda a dor e a rabia que tiña dentro.

Cando voltei durmías e así quedaches collido da miña man ata que te fuches. Sentíame vacía e desesperada, nestes dez anos sentinme así moitas veces. A verdade é que a vida golpeoume duro unha detrás doutra, pero todo se compensa e o dano sufrido tornouse ledicia. Na miña vida apareceu un anxo que me coida, valora, respecta, que me dá todo e máis a min, aos teus netos e a mamá; que orgulloso estarías de coñecelo.

Pero non estamos a falar de min, senón a cumprir unha promesa que che fixen... Mentres eu viva ninguén dos que te queremos deixaremos de recordarlle á xente que lea estas letras que Manuel Dobarro Taboada naceu en Pontevedra, traballou e viviu en Lugo e morreu na Coruña, que fixo ben para todos e dano a ninguén. Un bico dos teus netos, Jonatan, Espe e Manu, outro de mamá e ti máis eu xa seguimos conversando en canto me deixen ir limparche a túa casita e adornarcha con frores.

Mañá despois dos aplausos a miña amiga da alma porá unha canción no teu recordo. Quérote, papá.