La memoria de los tesoros olvidados

Xesús do Breogán (Foto: José Mª Álvez)
photo_camera Xesús do Breogán (Foto: José Mª Álvez)

sempre FOI máis coñecido pola súa faceta musical, como integrante da antiga rondalla ‘Latexos’, ou pola súa participación en iniciativas culturais. Na última década, Xesús do Breogán, ou Xesús Basanta Martínez, deu un xiro á súa vocación e dedícase a mergullar na percura de tesouros esquecidos. Busca esas historias e fotografías en sepia que recuperan feitos e imaxes perdidas na bruma do pasado dese Foz que, máis que a súa vila, é a súa razón de ser. Xesús, que medrou ao calor daquelas longas noites de tertulia na cociña familiar, botou man da súa privilexiada memoria e insaciable curiosidade para escribir ‘Foz, historias, contos e lendas’. Tamén recuperou a toponimia da costa focega noutra publicación que mantén vivo o acervo cultural mariñeiro. Das verbas pasou ás imaxes cos libros ‘101 fotos para a lembranza’ e ‘Foz, a xanela dos nosos devanceiros’, e con collages murais en varias rúas. E así sigue, empeñado nun traballo humilde pero imprescindible.

Comentarios