Viernes. 21.09.2018 |
El tiempo
Viernes. 21.09.2018
El tiempo

Meigas e trasnos en la brisa del Lugnasad

Unha parella casando (Foto: Lara Lozano)
Unha parella casando (Foto: Lara Lozano)

Son moitos os pobos que inflúen nas tradicións galegas, mais o celta é sen dúbida o que maior peso ten, sobretodo para os veciños e os visitantes da localidade pastoricense de Bretoña, que ano tras ano teñen unha cita pendente na noite do primeiro venres de agosto: o Lugnasad.

Unha aura chea de maxia acolleu así a centos de persoas que se achegaron ata o couto da Auruxeira para retroceder no pasado 2.500 anos e revivir os costumes dos devanceiros galaicos.

Troula e mais troula onde non faltaron o viño e a queimada para brindar polas once parellas de recén casados, que pola medianoite, hora meiga, foron conducidas polo druída Villapol e custodiadas polos guerreiros e as meigas nun camiño alegórico do couto da Auruxeira para finalizar selando o seu amor na ben chamada Pedra dos Namorados.

Consiga AQUÍ la información completa

Meigas e trasnos en la brisa del Lugnasad
Comentarios