Miércoles. 21.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 21.11.2018
El tiempo

Medrar por demérito dos demais

OS PARTIDOS andan dos nervios. Será pola proximidade das eleccións (sobre todo das determinantes xerais de dentro de case un ano e non as municipais e autonómicas nas comunidades non históricas de maio), será pola ascendencia de Podemos, será pola contestación interna nos dous principais partidos. A saber, pero PP e PSOE andan histéricos, porque ata agora, desde os anos oitenta, só se disparaban mutuamente, pero desde hai uns meses as balas dispérsanse porque os artificieiros non saben ben a quen apuntar. As estratexias racharon coa irrupción dun inesperado partido, iso trastocouno todo, pero se a filosofía para volver á situación anterior é pactar entre os dous grandes, facilitará máis apoio para o terceiro protagonista, que así pode incluso converterse en primeiro. O PP chegou ao goberno por demérito do PSOE, e Podemos vai camiño de aproveitar o desprestixio dos dous.

Medrar por demérito dos demais
Comentarios