viernes. 27.11.2020 |
El tiempo
viernes. 27.11.2020
El tiempo

Medio euro es un mundo

Cristian e Álvaro (Foto: Sebas Senande)
Cristian e Álvaro (Foto: Sebas Senande)

O recreo sen futbolín non sería o mesmo, pois «se o xadrez é un deporte esto tamén». É a opinión de Álvaro Otero, un mozo de Rábade de 15 anos que comparte afección co seu amigo Cristian Martínez, un ano maior e xogador na Liga provincial. No descanso das clases é doado atopalos, andan coa partida preto do IES Río Miño.

O pai dun amigo común adoita participar no Master Nacional que acolle a vila de Rábade e co futbolín que ten no garaxe comezaron a xogar Cristian e Álvaro. Agora entrenan tanto como poden. «Xogamos todos os días, desde unha hora a toda a tarde», contan.

A súa paixón pola versión brava (á galega) do tenis de mesa venlles en boa parte do traballo que nestes anos desenvolveu -entre outros- Lolo Candal, responsable do club Bola Meiga e alma mater dun dos eventos que máis xente atrae á vila de Rábade no ano.

Candal é quen fala de Cristian ao preguntarlle por rapaces novos que destaquen no futbolín e, á vez, este di de Álvaro. «O mellor é todo o que aprendes», explican. «Antes era moito peor ca el, e agora... Aí estou», di o máis novo.

Xunto ao doutros xogadores da vila -de entre 20 e 25 anos ou xa veteranos- estes dous mozos destacan o nivel que hai na provincia, con xente como a guntinesa Alba Quiroga López, os lucenses Fernando Lamela Rodríguez, Diego Legaspi Trincho e moitos máis.

Logo de Lugo, en Galicia donde mellor se xoga ao futbolín é na Coruña, e por rexións, en Andalucía, din. A clave é saber administrar os 0,50 céntimos de cada partida. Queren ser profesionais pero «vivir só de xogar a esto e case imposible», comenta Álvaro. «Ao mínimo erro aí vai a partida».

Cristian entrena para á Liga que comeza a finais de mes e Álvaro para mellorar o xogo. Máis... ¿e que hai dos estudos? «Se te organizas ben hai tempo para todo», respostan á vez.

Medio euro es un mundo
Comentarios