Magia, karts, globos y muchas cosas más

Actividades en Viveiro.
photo_camera Actividades en Viveiro.

A oferta do Nadal para os máis pequenos da comarca segue a ser do máis variada e cada día son moitas as actividades entre as que poiden escoller nos concellos, dun extremo ó outro.

En Viveiro continúa o programa que deseñou o Centro Comercial Casco Histórico (CCCH) e onte houbo karts a pedais, fútbol sala 3x3 e un taller de globoflexia na carpa instalada na Praza Pastor Díaz. Outros xogaron no concello ao billar, futbolín, tenis de mesa, cartas, xadrez ou dominó.

Os mozos de Xove de a partir de quinto curso de primaria participaron onte nun obradoiro de malabares e maxia, e á noitiña, o grupo de teatro Adala, da parroquia focense de Fazouro, representou a comedia ‘Enredos’ no centro cívico. Este concello celebra esta noite, a partir das dez, o concurso de karaoke, que se estrutura en tres categorías para menores de 12 anos, mozos de ata 18 e maiores de idade, cada unha con dous premios de 20, 50 e 100 euros, respectivamente. A inscrición remata ás 21.00 horas.

No interior, os nenos do Valadouro puideron disfrutar de xogos e dun obradoiro de pintura e recorte de motivos destas datas.

Comentarios