Masashi Oki: ''Hay mucha xente que tiene identidad dual, que piensa que es gallega y española''

Masashi Oki, ante o castelo de Doiras, en Cervantes. EP
photo_camera Masashi Oki, ante o castelo de Doiras, en Cervantes. EP

Masashi Oki. Xaponés autor dun blog en galego.

"Alédame que a nosa cultura chegue a Galicia, pero a min non me gustan moito as obras de Haruki Murakami. Hai máis literatura xaponesa boa"

A súa primeira visita a Galicia tiña un obxectivo concreto: estudar o movemento estudantil na universidade. Por que?

Cando fun a Galicia por primeira vez, en 2005, eu era estudante de Ciencias Políticas. Un obxectivo para visitar Galicia era investigar os movementos populares. Non había moitos movementos civís en Xapón entón, sobre todo, o movemento coa forma de ad hoc, malia que creceron as ONGs pouco a pouco. Puxen o movemento de Nunca Máis como exemplo de ad hoc e escribín o traballo ‘O movemento popular no caso de Nunca Máis’. E tamén comecei a estudar o nacionalismo galego. Dende o punto de vista dun xaponés interésame moito o nacionalismo rexional.

Que conclusións obtivo ao respecto do nacionalismo galego?

Contra a miña previsión, hai moita xente que ten identidade española en comparación coas outras comunidades autónomas históricas. Dito con máis precisión, hai moita xente que ten identidade dual (a xente que coida que é española e é galega). Esta tendencia foi formada pola historia peculiar de Galicia a longo plazo.

Despois disto veu o de aprender o idioma, crear un blogue en galego, con cursos de galego. Ten moitos seguidores?

Si, o meu blogue Imos a Galicia!/Imos a Xapón ten moitos visitantes. Non había moitas web que ofreceran información sobre Galicia en xaponés, así que entón tiven moitas preguntas por parte dos xaponeses. Aínda que xa non publico moitos artigos neste blogue, sigo publicando a través das redes sociais e outros medios.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios