''Os messi do fútbol gaélico xogan ante 80.000 persoas e despois van traballar''

Martín Fernández. (Foto: EP)
photo_camera Martín Fernández. (Foto: EP)

Martín Fernández, xogador de fútbol gaélico.

Catro pasos, bote, catro pasos, ‘solo’... A canta xente lle sona isto a chinés?

Pois a case todo o mundo. Aquí en Galicia o fútbol gaélico aínda se está empezando a coñecer, en boa parte grazas ao traballo dos Fillos de Breogán, da Coruña.

Como se introduce a xente nun mundo tan descoñecido?

A xente ve o que estamos facendo nós e éntralle o ‘gusanillo’ de xogar. Vas un día ao campo, ves un adestramento, probas... O certo é que, o que xoga unha vez, case sempre repite.

A vostede cando lle picou o ‘gusanillo’?

Pois teño un amigo que un día nun bar irlandés da Coruña informouse de que había unha convocatoria para xogar ao fútbol gaélico. A nós sempre nos gustou o tema da cultura irlandesa, xa coñeciamos o fútbol gaélico e dixemos: «Por que non?» Tivemos unha reunión con Wenceslao García, o fundador do equipo, comentounos as súas ideas e lanzámonos á aventura. Foi un pouco unha tolería, pero ó final conseguímolo e aí seguimos.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios