sábado. 24.07.2021 |
El tiempo
sábado. 24.07.2021
El tiempo

Martes de moita inestabilidade en Galicia

As temperaturas ascenderán lixeiramente

Mantense o aire frío nas capas altas da atmosfera, polo que de novo agardamos unha xornada de moita inestabilidade. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos de carácter tormentoso máis probables e intensos durante a tarde no interior da Comunidade. Brétemas costeiras en todo o litoral.

As temperaturas ascenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo, de dirección variable pola mañá e de compoñente norte á tarde.

Meteogalicia

Martes de moita inestabilidade en Galicia
Comentarios