Galicia continuará unha xornada máis coas altas presións entrando en forma de cuña e a presenza de aire frío nas capas medias e altas da atmosfera. Deste xeito o ceo estará parcialmente nubrado, con chuvias febles no extremo norte pola mañá e chuvascos illados, puntualmente treboentos, durante a tarde na metade sur.
As temperaturas experimentarán lixeiros ascensos. Os ventos soprarán moderados do nordés, con intervalos fortes no litoral e zonas altas do interior.