jueves. 15.04.2021 |
El tiempo
jueves. 15.04.2021
El tiempo

Martes de ceos pouco nubrados ou despexados en Galicia

Mapa coa previsión de Meteogalicia
Mapa coa previsión de Meteogalicia
Os termómetros na capital lucense oscilarán entre os -1 graos no momento máis frío da xornada e os 11 no máis cálido.

Galicia manterase este martes baixo a influencia das altas presións, que seguen afastando as frontes que se desprazan polo Atlántico. Así se espera unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados, coa entrada de nubes medias e altas co avance do día. 

Segundo a información de Meteogalicia, que depende da Consellería de Medio Ambiente, haberá bancos de néboa matinais localmente persistentes en puntos do interior. 

As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente con formación de xeadas e as máximas quedarán sen cambios ou con lixeiros ascensos. O vento soprará frouxo de compoñente norte. Así, os termómetros na capital lucense oscilarán entre os -1 graos no momento máis frío da xornada e os 11 no máis cálido.

Martes de ceos pouco nubrados ou despexados en Galicia
Comentarios