Mario César Vila: ''Los daños de las pinturas de Labrada no son irreversibles''

Mario César Vila, arqueólogo // Foto: CRISTINA PÉREZUn equipo multidisciplinar presenta unha proposta para conservar o conxunto pictórico da igrexa de Labrada, en Guitiriz, tras coñecer a súa deterioración a través dos medios e as reivindicacións do párroco. O seu proxecto, para o que buscan fondos, ten un custo de 20.000 euros.

coñeceron as pinturas de Labrada polos medios de comunicación e a través das reivindicacións do párroco Luis Ángel Rodríguez Patiño hai dous anos. E puxéronse en contacto con el para buscar unha solución á súa continua deterioración. O arqueólogo e técnico de patrimonio santiagués Mario César Vila e un equipo formado por Rocío Domenech, Yolanda G. Mirón e Mar Medina presentaron un proxecto para a súa restauración e conservación. Agora buscan financiamento.

Cal é a situación actual das pinturas de Labrada? Xa hai moito perdido ou aínda hai tempo?

O morteiro atópase en bo estado de conservación xeral, pois as pinturas foron restauradas nos anos 90 e o deterioro debido á humidade non é irreversible. Non existen grandes roturas, aínda que se poden apreciar danos en forma de marcas e grafitis nalgunhas zonas. As pinturas estiveron cubertas con varias capas de cal dende o século XVIII, que foron retiradas durante os anos 90.

Que supuxo esa intervención?

As tarefas de restauración permitiron a súa descuberta. As actuacións de limpeza, tratamento e coidado periódicos ou puntuais, son necesarias sobre os elementos que conforman o patrimonio cultural. Existen numerosos

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios