María Yáñez: ''Para bailar ao agarrado, o pasodobre 'Ponteareas''

Luguesa de nación e cidadá 2.0 por convencemento, María Yáñez foi pioneira no xornalismo electrónico e a primeira en anunciar que a estrella do Twitter mataría os blogs. Responsable de contidos da firma A Navalla Suíza, que oferta solucións para a comunicación en rede, guionista e directora para televisión, Yáñez traballa arreo na consolidación dun imaxinario pop galego.

1. Non falta no seu i-pod...
 a) Reggaeton.
 b) Música clásica.
? c) Pop petardo

2. A canción do verán é...
 a) Unha tortura.
? b) Algo que agarda con ganas.
 c) O que?

3. No seu histórico de cancións do verán poría, por riba de todo...
 a) ‘Macarena’, de ‘Los del Río’.
 b) ‘A cabritinha’, de Quim Barreiros.
?  c) ‘Corpo xeitoso’, de Andrés do Barro.
Non sei se chegou a ser tan canción do verán coma outras, pero é unha das mellores cancións da historia, sen dúbida.

4. Confese, o mellor tema que pasou polo ‘A polo Ghit’ foi...
? a) ‘Antón Losada (fiquei namorada)’, de ‘Creativos Cero’.
Temazo.
 b) ‘Tango para bailar en tanga’, de ‘Lamanaestrada’.
 c) ‘In the ocean’, de Pulpiño.

5. Un superheroe:
 a) A Muller Marabilla.
 b) O Incríble Hulk.
? c) Lobezno.
Este é o cachondo australiano, non? Si, este.

6. Nesta época vostede ponse...
 a) Estupenda.
 b) Insoportable.
? c) Ímola virando.

7. O verán gústalle porque...
 a) Hai vacacións.
? b) Os mozos/as levan menos roupa.
 c) A quen lle gusta o verán?

8. Nunca lle dixeron...
 a) Non es ti, son eu...
 b) Quérote coma a unha irmá.
? c) Es demasiado boa para min.
E terían razón.

9. Que non falta na súa maleta?
 a) Fío dental.
? b) Portátil ou calquera ferramenta para estar conectada.
 c) Bañador.

10. Comeza a operación biquini...
 a) Vivo nela.
 b) O 15 de xuño.
? c) Si, opero o biquini.

11. Sabe que chega o verán...
 a) Porque medra o tempo na grella da TVG para o ‘Xabarín Club’.
 b) Nalgún punto do país haberá un concerto de ‘Vetusta Morla’.
? c) Por 15 días, os de Lugo poden quitar os calzóns longos.
Quince? Eu aos tres días de quitalos xa volvo ter frío. Sobre todo, na Mariña.

12. Que non faría nunca?
 a) Meterse nun concerto de OT.
? b) Botar a tarde a falar nunha cafetería.
Para iso non está o ‘messenger’?
 c) A miña relixión prohíbeme pensar no que non faría.

13. Cando o sol apreta...
 a) Anima a materializar calquera fantasía.
? b) Baixa a tensión e quita as ganas de todo.
 c) Suar? Que ben!

14. Da fauna praieira teme máis...
 a) O macho ibérico en camiseta imperio e bañador turbo.
? b) A que habita na ensaladilla.
O que non mata, engorda.
 c) A medusa do amor.

15. Vexo todo...
 a) En branco e negro.
? b) De cores. Sempre.
 c) Gris.

16. Un plan:
 a) Chill-out en Ibiza.
 b) Festival de rock.
? c) Unha sesión vermú coa ‘Panorama’ e a ‘París de Noia’.

17. Para bailar ao agarrado:
? a) O pasodobre ‘Ponteareas’, do mestre Reveriano Soutullo.
 b) O ‘Lugo-Ferrol’, de Gaos.
 c) A ‘Lambada’.

18. Unha canción para despedir un amor estival:
 a) ‘Unha noite na eira do trigo’, por ‘Los Tamara’.
? b) ‘El final del verano’, de ‘El Dúo Dinámico’.
 c) ‘Se acabó’, de María Jiménez.

19. Volver á aldea para as festas patronais é...
? a) Que parentes lonxanos lle digan á súa nai o medrada e guapa que está vostede, aínda que pasase tempo desde que deu o estirón.
Mentres que digan que estou guapa, non hai problema. O problema é a hipersinceridade familiar: «Engordaches, non?».
 b) Coma un máster en relacións internacionais: volven os de Suíza, Alemaña...
 c) Algo que hai que facer.

20. Un deporte:
 a) Barra fixa, de día e de noite.
? b) Ver o Tour de Francia pola tele, mentres bota a siesta.
Non hai pracer maior que espertar con esa baballa no coxín.
 c) Case sempre en horizontal.
 
21. Chega o final do verán:
 a) Depresión posvacacional.
 b) Métese un chute de ‘Chorando apréndese’, de Emilio José.
? c). Ben! Xa queda menos para o San Froilán.

Comentarios