viernes. 23.08.2019 |
El tiempo
viernes. 23.08.2019
El tiempo

María Loureiro: "No descarto buscar apoyos, pero los vecinos hablaron en las urnas y vamos a gobernar nosotros"

María Loureiro (quinta pola dereita), con integrantes da candidatura do PSOE
María Loureiro (quinta pola dereita), con integrantes da candidatura do PSOE
O PSOE non viviu o seu mellor mandato en Viveiro, coa morte do exalcalde, críticas á xestión do goberno en minoría e a imputación da rexedora e unha edil, pero recibiu o apoio dos veciños nas eleccións. Pasa de 6 a 8 concelleiros e Loureiro cumprirá o seu desexo de ser a primeira alcaldesa do concello elixida nas urnas

María Loureiro non agocha a súa ledicia pola confianza que lle deron os viveireses o domingo.

Estará máis que satisfeita polo resultado.

Si, estou moi contenta. Tivemos uns resultados estupendos, case non o podo crer. É froito do traballo destes anos e da campaña, na que presentamos un equipo renovado e un programa moi realista.

Sinceramente agardaba que puideran subir tanto?

O noso obxectivo era ser a forza máis votada e saíamos a sacar máis dos que tiñamos, pero gústame estar cos pés na terra. Sempre dixen que a mellor enquisa era a do 24 de maio, e así foi.

Parece que aos electores non lles importou a súa imputación.

A imputación é algo que nunca escondín; se outros o quixeron utilizar politicamente foi o seu problema. Eu sempre expliquei abertamente polo que foi, intentei que o entenderan os veciños e así o fixeron. É algo que está aí, pero ao final o tempo porá a todo o mundo no seu sitio e demostraremos que non fixemos nada malo, e aí están os informes favorables á concesión da licenza.

A posible apertura do xuízo oral non vai cambiar a súa rutina?

Seguimos con normalidade. Acabamos de gañar unhas eleccións, o 13 constitúese a nova corporación e estamos preparando as concellerías. Sigo traballando na mesma liña e non vou adiantar acontecementos.

Quedou a un edil da maioría absoluta. A súa idea é gobernar en solitario?

Os veciños falaron nas urnas e é evidente que a forza máis votada somos nós. Ademais acabamos de levar un goberno con seis concelleiros, polo que con oito teremos máis folgura.

"A imputación é algo que non escondín e os veciños así o entenderon. Ao final o tempo porá a todo o mundo no seu sitio"

Chégalle ter o apoio do concelleiro de Son Viveiro para a sesión de investidura, falará con el?

Non descarto nada, pero non me pronunciarei ata que fale cos compañeiros e o decidamos.

Dicía que quería ser a primeira muller alcaldesa de Viveiro elexida nas urnas e está a piques de selo.

Si, tiña ese ‘resquemor’ porque tomei posesión hai ano e medio polas circunstancias que todos coñecemos [a morte de Melchor Roel] e agora para min é un orgullo ser elexida nas urnas. Houbo moitas mulleres ao longo da historia que perderon a súa vida por que hoxe teñamos os dereitos que temos, como ir nunha lista electoral e ser alcaldesas.

Recibiu moitas felicitacións?

Chamoume o ‘presi’ [Gómez Besteiro], que estaba moi contento cos resultados da Mariña e de Viveiro. Felicitoume moita xente e tamén me chamaron representantes dos demais partidos do concello

Ten xa na cabeza o reparto das áreas de goberno?

Máis ou menos, téñoo pensado pero non falei nada aínda cos meus sete concelleiros, faremos unha reunión para abordar o tema, pero aínda é pronto.

O ‘coco’ dada a situación económica do Concello é facenda, que neste mandato levou Covadonga Viamonte. Pensou en alguén en concreto para esta concellaría?

Evidamentente algo teño pensado, pero ninguén dos meus o sabe aínda e quero resaltar o traballo que fixo Cova nestes catro anos. A única área que está adxudicada é a de turismo e comercio, que levará Marisol Rey, unha rapaza que tivo un traballo relacionado co turismo en Londres e que de volta a España estivo en Turgalicia e en Fitur. Ten moitas ganas de traballar e experiencia neste sector tan importante para Viveiro.

Con que proxectos se porá a traballar nada máis empezar o novo mandato?

O primordial é sacar adiante o PXOM, un documento fundamental para o Concello, e tamén vou loitar cos veciños de Magazos para que se manteña o proxecto inicial da variante. Ademais continuaremos con proxectos en marcha como a remodelación da Avenida de Cervantes, da zona do Parquemar ou a sustitución da tubaxe da auga en Chavín.

María Loureiro: "No descarto buscar apoyos, pero los vecinos...
Comentarios