miércoles. 04.08.2021 |
El tiempo
miércoles. 04.08.2021
El tiempo

Loureiro, alcaldesa solo con el voto del PSOE

A candidata socialista viveiresa seguirá gobernando con maioría simple. PP, BNG e Son Viveiro abstivéronse na votación

María Loureiro foi elixida alcaldesa de Viveiro polo PSOE cos oito votos favorables dos concelleiros socialistas e gobernará con maioría simple. Os partidos da oposición, PP, BNG e a coalición de esquerdas Son Viveiro, abstivéronse na votación.

No seu discurso Loureiro dixo que o seu goberno se caracterizará por “consenso, transparencia, defensa do público e solvencia económica” e marcou oito obxectivos a cumprir: crear emprego, potenciar o sector turístico, manter e mellorar as políticas sociais, reducir a débeda, aprobar o PXOM, desbloquear a construción da variante e lograr o saneamento da ría.

Loureiro, alcaldesa solo con el voto del PSOE
Comentarios