María del Carmen Gómez Mato: ''Todo o que amas debes plasmalo para que permaneza''

CHA2708P1F2.JPG
photo_camera CHA2708P1F2.JPG

María del Carmen Gómez é a creadora de 46 obras realizadas en óleo sobre diferentes materiais, que se presentarán na xornada de mañá e permanecerán ata o próximo 14 de setembro no auditorio municipal de Vilalba da man do Instituto de Estudios Chairegos (Iescha).

apaixonada polo mundo da beleza, María del Carmen Gómez leva doce anos dedicándose á arte coa elaboración de pinturas sobre diferentes materiais. Unha afección que a leva a expoñer, animada polo Instituto de Estudios Chairegos, 46 das súas obras nunha exposición en solitario na capital chairega. Para ela significa moito poder contribuír ao mundo da arte, mais mantense firme na idea de que para ela a creación só é unha afección, porque sempre tivo inquedanzas.

Como vai a exposición en solitario das súas obras?

Pois mañá será a presentación ás 20.30 horas e as obras permanecerán ata o 14 de setembro no auditorio municipal. Será un total de 46 obras das que destaco as de carácter mariño, porque é a miña temática preferida.

Que supón mostrar as súas creacións nunha exposición en solitario?

Este é un paso importante porque tes a oportunidade de ver que o traballo feito pode ser contemplado por outros. É unha oportunidade que me dan desde o Iescha e que servirá para animarme a seguir pintando. Ademais, penso que nos falta unha cultura de ver as cousas e de aprezar a arte polo que isto significa, polo que é importante a aposta do Iescha polos pintores locais e pola cultura.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios