Manuel Veiga: ''Asistín a un mitin de Blas Piñar porque me interesan os extremos''

O culto e o popular non están tan lonxe. Hai unha frase que me dixo un paisano: ‘Cando a vara vai e ben o lombo descansa’, que podería ter escrito Schopenhauer»

A súa novela ‘O exiliado e a primavera’, ambientada en 1974, era unha revisión do franquismo. Vén de presentar ‘Os xornalistas utópicos’ (Xerais), que cubre o tempo dende 1977 a 2008. Vai continuar?

Non pensara nesa relación. Son novelas distintas. Esta é autobiográfica. Un critico dixo que era a novela dunha xeración.

Eu dei a continuidade por evidente: o franquismo contado a través dun exiliado que regresa e a Transición narrada por un universitario monfortino en Madrid.

A Transición é un período apaixoante porque non se sabía cara onde ía ir. Era un momento moi dinámico no que había unha curiosidade da xente polos asuntos públicos que desaparece coas estabilidades. Paradoxalmente, este é un bo momento para o xornalismo e para a literatura, e non falo das empresas. Hai confusión, pero xorden noticias interesantes todos os días; en seis meses todo cambia. O panadeiro e o seu cliente falan de economía e de política, iso era impensable antes da crise. O escritor italiano Erri di Luca fala de ‘momentos de aceleración social’ e estamos nun deles. A sociedade está tensionada polo que as cousas se ven máis diáfanas,saen a luz. É un momento interesante para facer xornalismo e literatura, que son cousas distintas.

Ninguén sospeitaría que fai ese distingo tras ler ‘Os xornalistas utópicos’.

A literatura ten ambigüidade, algo que non debe ter o xornalismo. Esa ambigüidade é un valor que enriquece a literatura. O meu libro, aínda que teña aspecto de reportaxe, non se define, conta unha experiencia concreta.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios