Manuel Rodríguez: ''El peregrino es como nuestro vecino de al lado y habría que tratarlo así''

O escritor e xornalista Manuel Rodríguez. Foto: EPL
photo_camera O escritor e xornalista Manuel Rodríguez. Foto: EPL

O sarriao Manuel Rodríguez acaba de publicar ‘Santiago de Compostela para los peregrinos. Guía secreta’ para mostrar os lugares esquecidos da cidade. Esta iniciativa podería estenderse, di, ó resto da ruta porque ata agora non hai unha guía de lugares vinculados ós peregrinos.

durante a súa longa traxectoria o escritor e xornalista Manuel Rodríguez, natural de Santalla de Arxemil (Sarria), sacou varias publicacións sobre o Camiño. A última é unha guía de Santiago destinada ós camiñantes e que mostra a cidade dos peregrinos.

A guía ofrece un percorrido por Santiago?

Os peregrinos rematan en Santiago a peregrinación e sinten un pequeno vacío anímico, non encontran a cidade histórica e non hai unha guía de Santiago como meta de peregrinación. No 2011 propuxen a Bolanda facer unha guía sobre a catedral para os peregrinos e funcionou moi ben. Ía facer unha nova tirada do libro e decidimos amplialo a toda a cidade. En Santiago houbo dous cemiterios de peregrinos, hospitais, igrexas... Tamén hai a Fonte do Franco, que foi unha fonte milagreira porque un peregrino de Italia recuperou alí a vista e doou o seu bordón á catedral, onde se conserva. Os peregrinos posuían a cidade, para comer, dormir e tamén como experiencia espiritual. É a primeira guía centrada e destinada o peregrino, que mostra a cidade dos peregrinos. Por iso a portada é o Monte do Gozo porque está escrita para peregrinos. Alí hai dúas estatuas de peregrinos, o camiñante de antes e agora.

O libro tamén se dirixe a veciños que queiran descubrir a cidade?

Si, porque descoñecen a cidade en gran medida. Descobren o significado de lugares como a Fonte do Franco e o cemiterio do peregrino. Este está detrás do Pazo de Raxoi e é un espacio emocional para os camiñantes. Nada recorda que aquelo, que hoxe está axardinado, foi un cemiterio no que enterraron a peregrinos de toda Europa durante 800 anos. Espero que

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios