Manuel Miranda: ''Es posible que la mina de oro de A Espiñeira no sea la única de la zona''

Manuel Miranda, na mina de ouro descuberta na Espiñeira.
photo_camera Manuel Miranda, na mina de ouro descuberta na Espiñeira.

O colectivo leva anos sacando á luz os vestixios do pasado da comarca e denunciando que se leva moito tempo atentando contra un patrimonio que se debe protexer e poñer en valor. O seu incansable labor levouno a un descubrimento inédito: un xacemento aurífero romano.

o achado dunha mina de ouro romana na Espiñeira, entre os concellos de Barreiros e Foz, puxo á asociación MariñaPatrimonio no centro de todas as olladas, xa que ata o momento non se tiña constancia histórica de que na Mariña houbera xacementos auríferos. Pero o colectivo xa leva anos desentrañando o pasado da comarca a través dos vestixios dos que dá conta e o seu presidente, Manuel Miranda, mesmo converteu a súa paixón pola arqueoloxía en profesión, posto que como ceramista fai reproducións arqueolóxicas de pezas antigas.

Foi a mina de ouro romana da Espiñeira o achado máis importante de MariñaPatrimonio?

Polo menos foi o que máis repercusión tivo, porque foi unha das noticias máis lidas en internet e a xente párame pola rúa para falarme da noticia.

Cree que virán a facer prospeccións para ver se queda ouro?

Recibín moitos comentarios sobre se chegarán os canadienses a encher todo de cianuro, pero non, iso non vai pasar. Hai mapas xeolóxicos que xa marcan as zonas onde hai ouro e a comarca aparece, pero ata o de agora non había datos históricos que apuntalaran a existencia de xacementos.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios