Manuel María López: ''En el proyecto de empleo participarán 50 jóvenes''

Manuel María López / Foto: ANA SOMOZAEste monfortino, que leva máis de 15 anos vinculado á Cruz Vermella, traballa nun proxecto de emprego para a mocidade da comarca de Lemos e tamén nun plan de formación de persoas en paro.

A CRUZ VERMELLA conta en Monforte cun nutrido programa de axudas para as familias máis necesitadas da vila. Ademais ofrece diferentes tipos de formación e tamén está a ultimar os detalles dun proxecto de colocación no que poderán participar medio cento de mozos que se atopen en situación de desemprego. Manuel María López é o coordinador da Cruz Vermella en Monforte e tamén o responsable provincial de comunicación da organización. A Cruz Vermella de Lemos traballa en novas iniciativas na vila que están a piques de iniciarse.

Onde está a urxencia agora mesmo en Monforte?

Nas persoas e familias máis vulnerables e necesitadas e que se viron afectadas pola crise. Agora estamos pagando alugueres e facturas de luz de familias que antes podían facerlles fronte e agora non, pola situación na que se encontran. Xente de Monforte que tiña traballo e vivía coma unha familia normal, mais tras a perda dos ingresos que sustentaban á familia, agora atópanse nunha situación vulnerable.

Cantas axudas conceden?

Repartimos paquetes con produtos de hixiene e alimentación para bebés de ata os tres anos a 45 familias e ademais, de modo trimestral, tamén entregamos a outras 70 familias lotes de alimentos non perecedeiros. Estes días estamos

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios