Manuel Cancio: ''Yo creo en el vino, trabajándolo bien tiene futuro''

Manuel Cancio, nun dos seus viñedos. (Foto: Xesús Ponte)
photo_camera Manuel Cancio, nun dos seus viñedos. (Foto: Xesús Ponte)

Negueira ten tradición vinícola, pero máis a nivel caseiro que comercial. Manuel Cancio é o único adegueiro que produce para fóra.

o clima de Negueira de Muñiz sorprende no medio da montaña lucense. Regala 28 graos o mesmo día que o termómetro non pasa de 14 no municipio veciño da Fonsagrada. Non estraña entón que nestas terras as froiteiras florezan antes, que o chan estea sempre disposto a dar e que as uvas encontraran un paraíso para medrar protexidas por altos montes.

Como é o viño de Negueira?

Afrutado, de acidez equilibrada. Facemos branco do país, con uva branca lexítima, e tamén tinto, coas variedades serodio e verdello.

Fóra da zona non é moi coñecido, pero ten tradición, non?

Si, no Catastro de Ensenada, de 1725, había en Negueira 90 hectáreas de viñedo. Agora hai 19 e só 13 en produción, pero estamos recuperando a actividade.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios