miércoles. 26.01.2022 |
El tiempo
miércoles. 26.01.2022
El tiempo

Mantemos as consonantes vitais en prefeto estado de semanario

Os Pelúdez asisten ao pregón de marica campo o logo pernicochean co músico bosnio a rabear

A VANESA VIÑA do ganchete cunha amiga que é filla da veciña do curmá dun que traballa no Concello que vive na casa dunha que pasou uns anos na aldea e foi á escola con ela.
pra xente con certa idade como vostedes—Vimos de mercar as derradeiras tendencias.

O sogro, que estaba distraído removendo o azucre do café, contéstalle:

—E logo non tiñamos cordas de abondo para tender a roupa?

—Es ben de monte, ho! —aféalle a Filo—. Ti non sabes que as tendencias son as novidades da moda, segundo veñan as saias na tempada, máis curtas ou máis alongadas?

—Non, eu quedeime coas polainas que me puxo miña nai cando nascín e delas non me movo. Así sei que nunca fago o ridícalo.

—Déixao —di a Vanesa collendo de novo a amiga pra marchar —. O meu pai político é máis inmovilista que a Pena do Unto, que está alí onde a puxo o Paletozoico.

—Ide con Deus, pero non tardedes, que antes de escoitar a Marica Campo, temos o da Fábrica de Sons.

—É verdade verdadeira! —vocea Filomena —Este ano non perdo o pregón porque sinto coma se o dera unha irmá.

—Xa estás ti coa túa teima de atopar parentes debaixo das pedras. Aínda me lembro de cando emperrenchaches dicindo que tiñas consanguinidade coa Sofía Loren, porque ti eras Filo-Sofía, e teu pai chamábase Loren-Zo.

—Unha equivocación tena calquera. Amais, no caso de Marica, é tan certo coma que me chamo Filomena Remedios Angustias.

—Iso non o sabía eu —di o marido—. Pois agora que o penso está moi ben traído, porque sempre hai que ter remedios pras angustias.

O Peludeciño, que termaba dos dous irmáns mentres a nai seguía a mercar trapos, avisounos do que nos viña por riba.

—Xa podedes xantar carne á maragata e outras contundencias, porque se pensades ir ao concerto desta noite, non son ritmos aos que esteades afeitos.

—Ai non? Que lles pasa logo? Hai que bailalos espidos?

—Pois case, porque a velocidade que lle mete o Goran Bregovic a temas como a ‘Bella Ciaio’, ou ao ‘Kalashnikov’ non está nos escritos, e seguilos co corpo non é doado pra xente de certa idade como vostedes...

—Para o carro, rapazolo —interrómpelle o pai —; que a túa nai e mais eu celebremos este ano as Vodas de Titanio, ou de Zutanio, non quere dicir que non manteñamos as consonantes vitais en prefeto estado de semanario...

—... dise «de revista».

—Revista, semanario...! Tanto dá!

—Alégrome ben —descúlpase o Peludeciño —. Eu só o advirto pra que pola noite non haxa nada que lamentar.

Daquela soa o móbil de Pelúdez e logo de moito darlle voltas, consegue atopar o botón e contestar.

—Jalou? Quen está noutro lado do guasáp?

—Son Kiko Novoa, de Galicia por Diante, na Radio Galega. Estamos en directo e quería facerlle unhas preguntas.

—Teñen premio?

—Como di?

—Que se atino nas respostas danme algúns cartos.

—Non. Isto é un programa informativo.

—Cago na brocha! Por unha vez que chaman e non é Homes, Mulleres e Vicio en Verso!

—Que me pode dicir das festas deste ano?

—Pouco. Polo que pagades, pouco.

—Qué númaro é o que máis lle chama?

—O 454 786 654, que é o da Filo.

—Como vai celebrar as súas Vodas de Titanio?

—Carafio! Ben se nota que sodes un programa informativo, que sabedes os meus intimismos.

—Algo máis?

—Pero se aínda non comecei!

—Moitas grazas, Pelúdez, e felices festas!

—Colga ti, que logo quedas prendido e xiringas o formateo.

—Quen era? —interésase a Filo.

—A BBC, que están a facer un programa extrordinario sobor de min para todo o mundo de fala inglesa.

—Pero se falaches en galego.

—Eu si, pero o tipo veña co jaujuduyú o co very well Manuel. Menos mal que eu deféndome.

Logo do pregón, tal coma tiñan previsto, moveron o esquelete co Bregovic a rabear.

Mantemos as consonantes vitais en prefeto estado de semanario
Comentarios