A maña das novas xeracións

Nazaret Vila Cruña, no seu taller en Moncelos, Abadín. LARA LOZANO
photo_camera Nazaret Vila Cruña, no seu taller en Moncelos, Abadín. LARA LOZANO

As novas xeracións da familia Cruña de Moncelos comezan a sacar a vea artística familiar no eido da artesanía. Primeiro foi José Ángel Lozano Cruña, que comezou a experimentar dende ben pequeno na talla de madeira e agora inténtao cos cestos de vimbio para pescar. Agora é a quenda da súa prima Nazaret Vila Cruña, que hai catro anos comezou a experimentar na arte floral para «deixar a mente en branco, porque ás veces é moi necesario, sobre todo cando tes algún que outro problema».

Para evadirse dos problemas que a vida pon no camiño, Nazaret Vila argalla día tras día novas ideas e plásmaas en forma de decoración que realiza nun pequeno taller habilitado na súa casa de Moncelos.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios