Mamás que lo merecen todo

Campaña realizada o ano pasado para celebrar o Día da Nai en Viveiro (Foto: C.L.F.)
photo_camera Campaña realizada o ano pasado para celebrar o Día da Nai en Viveiro (Foto: C.L.F.)

‘Unha carta para mamá’ é o nome da actividade coa que este ano a asociación de comerciantes Casco Histórico de Viveiro celebra o Día da Nai, que é este domingo. Trátase dun concurso no que os participantes deberán elaborar unha carta ou un debuxo cos que amosar todo o amor que gardan para as súas nais. Ademais esta demostración de cariño ten premio, xa que os gañadores en cada unha das dúas categorías levarán 400 euros en vales de compra para gastar nos comercios asociados da cidade.

A xerente de Casco Histórico, Isabel Méndez, conta que a actividade naceu co obxectivo de que «os rapaces nos mostraran o que significan as súas nais para eles, como a ven, que é o que representa a figura da nai, e pensamos nun concurso no que fixeran debuxos e amplialo co tema das cartas, pois a uns dáselles moi ben a redacción e a outros debuxar». O ano pasado impulsaron a campaña ‘Unha foto con mamá’, que tivo moi boa acollida, como esperan que teña tamén a actual.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios