Más de 300 socios del Iescha reciben un lote literario

Membros da directiva do Iescha preparan os lotes. (Foto: C. Arias)
photo_camera Membros da directiva do Iescha preparan os lotes. (Foto: C. Arias)

Os máis de 300 socios que suma na actualidade o Instituto de Estudios Chairegos recibirán nos próximos días o tradicional lote de publicacións co que a entidade ten por costume agasallar a todos os seus membros co cambio de ano.

O paquete confórmano nesta ocasión a revista Pena do Encanto e catro libros editados no 2011 polo Iescha: ‘Da Chá ao lonxe’, de Rafa Yáñez; ‘A cova do adeus’, de Vicente Piñeiro; ‘Os Olano: de Zaldivia a Vilalba’ e ‘A liñaxe fidalga dos Raña’, ambos escritos polo historiador vilalbés José-Luis Novo Cazón.

Tamén se inclúe neste lote o calendario do ano 2012, por xentileza da imprenta vilalbesa Junor, no que cada mes do ano vai acompañado dunha fotografía antiga procedente das exposicións ‘Tal como eramos’ de Guitiriz e de Vilalba.

Temas

O número 6 da revista Pena do Encanto, unha publicación bienal que a entidade alterna co Caderno de Estudos Chairegos, ábrese cun limiar do que é autor Bernardo García Cendán e coa memoria de actividades dos anos 2010 e 2011, elaborada polo secretario da entidade, Arturo Gómez Mato, e péchase coas composicións poéticas de Maite Arias e de Pastora Veres.

O presidente do Iescha, Manuel Castro Santamariña, lémbrase da lareira mentres José Manuel Blanco Prado narra as vivencias da a súa infancia e Orlando Viveiro Veiga viaxa ‘Polo Camiños da Tribo. Dende San Clodio ata Vilar e a Penadedra’. Novo Cazón aborda a chegada da luz eléctrica a Vilalba, Manuel Díaz fala da Fundación Sotavento e Pedro Freire resume a vida e obra de Sito Carracedo.

Comentarios