martes. 17.09.2019 |
El tiempo
martes. 17.09.2019
El tiempo

Máis ca limpeza precísase desinfección

SE UN corrupto se presenta ás eleccións e recibe o apoio maioritario dos cidadáns, conscientes estes de que están votando por unha persoa que utilizou o seu posto para beneficio propio ou do seu entorno, a moralexa é clara: o pobo que opta por ese representante é igual ca el, corrupto. Iso pasou unhas cantas veces neste país e estou seguro de que seguirá ocorrendo porque os partidos políticos ao mellor non son quen de autolimparse. Porque se así fose, se fosen quen de adecentarse, ou quizais desinfectarse, o deputado turolense que visitaba á súa noiva en Canarias á conta do Congreso non sería aplaudido, case coma unha homenaxe, polo seu grupo; nin o presidente estremeño que facía o mesmo coa mesma grazas a viaxes pagadas polo Senado non sería apoiado polo partido, porque isto o único que amosa é un sustento da corrupción. E así seguen engordando o celeiro de Podemos. Logo queixaranse.

Máis ca limpeza precísase desinfección
Comentarios