La mayoría de los lectores declara que habla y entiende el gallego

O 95% dos lectores de El Progreso manifesta que fala e entende o galego e, en concreto, o 54% declara que esta lingua é o idioma familiar preferente. Os datos aparecen no último Estudio General de Medios (EGM) cando busca o perfil dos lectores de prensa.

O castelán e o galego son linguas familiares indistintamente para o 29,2 por cento dos lectores de El Progreso , o castelán é o idioma familiar para o 16% e un 0,4% dos lectores teñen como lingua familiar outra diferente do galego ou castelán. Só un 0,3% afirma non entender a lingua galega.

Estes datos teñen o valor de representar a gran maioría dos lectores de prensa de información xeral de pago na provincia de Lugo, xa que El Progreso suma o 72,9% da audiencia de prensa na provincia de Lugo . En concreto, na capital, o máis grande núcleo urbano da provincia, sobre unha audiencia total de 51.400 lectores conta El Progreso con 42.195 lectores ( 82% do total), Está cifra representa en lectores un 79,72% máis que o seu inmediato seguidor (23.478). El Progreso viu incrementada a súa audiencia, en cifras absolutas, en 6.000 lectores no último EGM.

Destes datos referidos á lingua dos lectores pódese concluír que a convivencia lingüística é un feito normal e o mesmo dato de entender e falar o galego (95%) vén reafirmar a ausencia de conflito lingüístico na convivencia entre o galego e o castelán como linguas oficiais.

O feito de que o 54,4 por cento dos lectores de El Progreso sosteñan que o galego é a súa lingua familiar mostra unha presencia viva da lingua galega, ao que se suma o feito de que 29,2 por cento manteña indistintamente como lingua familiar o galego e o castelán. Tamén pode verse como significativo da presencia urbana do galego o feito do liderato absoluto da audiencia de El Progreso na maior concentración urbana da provincia.

Comentarios