Macía muestra tres décadas de pintura ''de ida y vuelta'' en la galería La Catedral

Macía, cos seus cadros ao fondo (Foto: J. Vázquez)
photo_camera Macía, cos seus cadros ao fondo (Foto: J. Vázquez)

O pintor lucense Miguel Ángel Macía devolve a homenaxe que lle fixo a modo de biografía Camilo Gómez Torres. O profesor escribiu ‘Cores para aloumiñar soños’ (Alvarellos), na que se camiñaba pola vida e a arte de Macía. Para corresponderlle, o artista expón 28 dos cadros que aparecen no libro na galería La Catedral, de Lugo, nunha mostra que se chama ‘Cadros para unha exposición’.

Dese xeito, a escolma de obras, realizada tanto polo artista como polo galerista, Jorge Espiral, ten como criterio que figurasen no volume e como base a colección privada de Macía. As pezas que permanecerán colgadas ata primeiros de maio reflicten ese espíritu «de ida e volta» que ten a pintura deste artista. O taballo de Macía oscila entre a preponderancia do debuxo e a da mancha.

Este creador lucense está convencido de que «o debuxo é o solfeo da pintura, é a base; mesmo o pintor máis abstracto debe saber compoñer». A pesar da consideración elevada que lle concede á técnica, Macía non deixa de ter presente que «deben agromar os sentimentos». Por iso, nos cadros que entran no ámbito do abstracto, o artista razoa a colocación, a estensión e a delimitación da mancha.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios