Xosé Salgado: ''M de Meira está asentada, a xente xa pide as actividades''

Xosé Salgado, de paseo pola súa Meira natal.
photo_camera Xosé Salgado, de paseo pola súa Meira natal.

O novo presidente de M de Meira avoga por continuar nunha «liña continuísta» coa asociación, con actividades como M de Cine ou Expresións Espontáneas, ás que se sumarán un grupo de teatro, unha exposición de fotografías antigas ou un novo equipo de billarda.


xosé salgado acaba de asumir a presidencia de M de Meira, unha asociación activa implicada en promover «a creación nas artes e na cultura en calquera das súas acepcións» na vila meirega.

Acaba de recoller o testemuño de Nacho Eiros. Como afronta a presidencia de M de Meira?

Para min é unha cousa simbólica, porque M de Meira é o traballo de toda a directiva. Non me sinto cun nivel maior de responsabilidade. Hai colaboración e apoio por parte de toda a directiva.

Quen a forma agora?

A directiva reorganizouse. Víctor López, que era vogal, pasou á vicepresidencia e Felipe Nieto, o anterior vicepresidente, é agora o secretario. Na tesourería entrou unha rapaza nova, Ermitas Rodríguez, e incorporamos tres vogais: Lola Eiras, que non estaba na directiva pero case, porque estaba moi implicada, Rafael Sobrado e Daniel Pedreira. En realidade, en M de Meira hai 15 persoas moi activas e implicadas.

Cal é o propósito desta nova directiva? Faranse cambios ou manterase a esencia de M de Meira?

A idea é manter unha liña continuísta. Cremos que o traballo feito ata agora é impresionante e está funcionando, con actividades de todo tipo ó longo de todo o ano.

Consiga AQUÍ la información completa

 

 

Comentarios