Luz primitiva

París recoñece e exhibe a arte telúrica de Miquel Barceló con dúas exposicións das que fala Ramón Rozas. A obra do malloquín é tan singular como varias obras que refire Quinito Mourelle. Portorosa fai a crónica dunha fin de semana co último libro de Richard Ford e paisaxe marítima ao fondo. Antonio Costa refírese a un libro de Ferrer Vidal co mar seco de Soria como ambiente. Nacho Mojón escribe sobre o débil equilibrio entre a boa sorte e a mala sorte. A última montaxe de Xosé A. Touriñán, Monólogo do imbécil, centra o comentario teatral de Camilo Franco. O apuntamento sobre libros de Javier Nogueira atende a unha novela sobre o asasinato de Bob Marley. Jaureguizar analiza o agasallo de Mariano Rajoy a Carles Puigdemnont.

Comentarios